O proxecto Mercadonoso dirixe a súa atención na dinamización dos mercados de proximidade e circuítos curtos como potencialidade de autoemprego dos xóvenes do rural.
Os Mercados de Proximidade, amplamente expandidos en países como Francia ou Alemania, carecen aquí de importancia, recoñecemento e interese por parte dos propios produtores. Esta falta de interese ven motivada por múltiples variables entre as que destaca; o descoñecemento da normativa aplicable, a carencia de formación en comercialización/marketing e, unha visión negativa en canto a rendibilidade da actividade (ao identificar venda directa con feira tradicional).
É sobre estes tres factores sobre os que actúa o proxecto, capacitando e animando aos xóvenes na comercialización directa como potencialidade para o autoemprego.
Entre as tarefas a realizar no proxecto, destacamos:
- Guía de comercialización directa (normativas, exempros prácticos, etc.).
- Xornadas e talleres de capacitación e animación a comercialización directa dos produtos do campo.
- Abrir unha vía de asesoramento e consulta dirixida aos xóvenes do medio.
